23 Maio Albergue Eco dos Teixos, Casaio.
Debido á época do ano na que nos atopamos, ó longo do percorrido admiraremos a Natureza de Trevinca a mediados da Primaveira. Percorrido moi interesante para fotografar paisaxes de alta montaña, flores, cursos de auga, páxaros, anfibios, gando presente nas serras …. en definitiva VIDA en estado puro. Unha actividade que estamos seguros non vai a deixarvos indiferente en moitos sentidos e estamos certos que repitades no futuro pola cantidade de sensacións novas que van espertar en Vós. Vívela connosco. Nós te guiamos.
Unha viaxe ao corazón da alta montaña galega, guiada por profesionais titulados e centrada na interpretación do valor glacial e natural da zona.
| Hora | Fito da Xornada |
| 08:45 | Recepción de participantes no Centro de Interpretación. |
| 09:00 | Presentación, charla informativa e visita ao Centro. |
| 12:45 | Chegada á Lagoa Glaciar (1.500 m). |
| 14:00 | Tempo para o descanso e xantar (picnic). |
| 17:30 | Fin da actividade e posta en común (feedback). |
Que debes levar?
Ao ser unha zona de alta montaña, recoméndase:
Conclusións. En función das condicións meteorolóxicas, e das características do grupo, a organización reservase o dereito de modifica-los horarios da actividade, ou mesmo varia-la ruta prevista. Ó longo do percorrido impartiranse diversos conceptos sobre montaña, dende seguridade a equipamento ou loxística.
Dende a aldea de A Ponte tomaremos unha pista de terra que nos conducirá ó coto de caza de Xares para coñecer diversas lagoas, algunha delas cun orixe glaciar. O descenso dende a derradeira lagoa, xa cara a aldea de Xares, non é moi pronunciado, salvo no seu treito final. Tódala actividade transcorre por pista forestal. É un lugar máxico para desfrutar do silencio, do vento que normalmente agarima o noso rostro e marabillarse ca magnifica Natureza de Montaña do Territorio de Trevinca.
Persoas nun estado físico normal e HABITUADAS a camiñar por montaña e/ou que realicen calquer outra actividade física de xeito regular.
Día de realización
Precio
Punto de encontro
Equipamento deportivo
Información e contacto
Condiciones generales de los viajeros
OTRAS POSIBILIDADES
Si lo que quieres es visitar otra zona, hacer algo exclusivo para un pequeño grupo de viajeros, un paquete de excursiones para varios días, o cualquier otra ruta que se te ocurra, pulsa el botón SUGERIR UN VIAJE y cumplimenta el formulario.
Sugerir un viaje