13 SEP RUTA SAN XÉS - O VISO
RUTAS QUE REXENERAN
RUTA SAN XES- O VISO
Concello:
Lobeira
Nome da ruta: RUTA SAN XÉS - O VISO
Dificultade: Media
Punto de encontro: Porta de Lobeira – Rúa do Toural
Kilómetros: 10 km
Tempo: De 08:30 a
Percorrido: Lineal
Descripción da ruta
O itinerario comeza na Porta de Lobeira, na rúa do Toural, onde un autobús recolle os participantes para lle dar comezo á andaina na contorna natural de Pontes de Parada. Ao inicio faise entrega duns xunto cunha camiseta conmemorativa.
A ruta ten unha distancia de 10 quilometros e comeza polos sendeiros que rodean a ermida e os montes de San Xés de Vilariño. O chan é firme e discorre entre vexetación autóctona, sobreiras e fragas que ofrecen unha boa sombra mentres se gaña algo de altitude.
Tras deixar atrás San Xés, o camiño adéntrase na fraga máis profunda para atopar o curso do río Fragoso, un tramo de enorme beleza natural.
A continuación, a ruta pasa pola localidade de Sabariz, onde se atopa o primeiro punto de avituallamento con auga fresca, froita de tempada e barriñas enerxéticas.
O tramo final inclúe unha subida que leva directamente á Porta de Lobeira, un dos pasos históricos que comunican estas terras. Alí organízase a festa final e o segundo avituallamento para recompensa do esforzo, cunha mesa completa con bocadillos de embutido local, auga e refrescos.
Como remate da xornada, para todos os interesados e especialmente a veciñanza de Lobeira, faise unha subida en coches particulares á Capela do Viso. A carón da capela, coa panorámica da Baixa Limia aos pés, faise unha pausa de silencio e lembranza para honrar a memoria de Triky, compartindo o espírito e a paixón que sempre tivo por ensinar a beleza da súa contorna.
Condiciones generales de los viajeros
OTRAS POSIBILIDADES
Si lo que quieres es visitar otra zona, hacer algo exclusivo para un pequeño grupo de viajeros, un paquete de excursiones para varios días, o cualquier otra ruta que se te ocurra, pulsa el botón SUGERIR UN VIAJE y cumplimenta el formulario.
Sugerir un viaje