31 OCT CARTELLE (Area Recreativa Playa Fluvial)
RUTA O SANTO
Concello de CARTELLE Domingo, 31 de outubro de 2026
Teléfono de contacto durante a actividade: 625 16 04 74 (Samuel)
Programa:
10:00 Área recreativa e Praia fluvial O Santo
https://maps.app.goo.gl/jWg2bo9aebJMSMtc6
Presentación da actividade, do entorno natural e da historia da zona.
10:15 Ruta interpretada por Vilar de Vacas e pola ribeira do río Arnoia.
13:30 Fin do roteiro
Descrición da Actividade:
Distancia: 7 km Desnivel: +/- 255 Dificultade: Fácil Tempo estimado: 3 h(con paradas)
Roteiro interpretado duns 7 km de percorrido que transcorre por un entorno de
gran riqueza natural, patrimonial e paisaxística no concello de Cartelle.
Partindo da área recreativa de O Santo achegarémonos á aldea de Vilar de Vacas, onde atoparemos exemplos de arquitectura tradicional como un peto de ánimas, a súa igrexa do S XVII ou as súas casas antigas. A través de carreiros e pistas dedicadas ao cultivo de piñeiro e carballeiras chegaremos á ermida de O Santo, terraza sobre o río Arnoia e antigo castro.
Descenderemos e remontaremos o río Arnoia por un carreiro que nos permitirá desfrutar do rumor da auga, das espectaculares vistas, a vexetación de ribeira, os antigos muíños e as pinturas de Pepe Álvarez que dan un toque máxico a este belo entorno.
Material recomendable para a actividade
* calzado de montaña e roupa axeitada ás condicións climáticas desta época do ano (consultar a previsión meteorolóxica en días previos)
* levar mínimo1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira.
* mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking
* protección solar e/ou para a choiva (en función da previsión meteorolóxica
Condiciones generales de los viajeros
OTRAS POSIBILIDADES
Si lo que quieres es visitar otra zona, hacer algo exclusivo para un pequeño grupo de viajeros, un paquete de excursiones para varios días, o cualquier otra ruta que se te ocurra, pulsa el botón SUGERIR UN VIAJE y cumplimenta el formulario.
Sugerir un viaje