18 OCT PADRENDA
10 kmkm
Distancia
Tempo estimado

Sente a forza do río e mergúllate nunha experiencia única polo patrimonio natural e etnográfico de Padrenda! Unha ruta interpretada para conectar coa paisaxe, o rumor da auga e a pegada dos nosos antecesores.
Data: Domingo, 18 de outubro de 2026
Punto de encontro: Cruceiro de Freáns, Padrenda
Ubicación GPS: https://maps.app.goo.gl/HKynhitW7wJYR5Yi6
Teléfono de contacto: 625 16 04 74 (Samuel)
Programa da xornada:
Un percorrido duns 10 quilómetros que discorre por carreiros de ribeira rodeados de vexetación autóctona. Ao longo do río Gorgua descubriremos numerosos muíños tradicionais que testemuñan o sabio aproveitamento da auga ao longo do tempo, mentres desfrutamos dende as súas zonas máis tranquilas ata a espectacularidade das súas fervenzas e corgas.
Distancia: 10 km
Desnivel: +/- 350 m
Dificultade: Moderada
Tempo estimado: 4 horas (inclúe paradas interpretativas)
Para gañar en comodidade e seguridade durante a caminada, aconsellamos levar:
Calzado e roupa de montaña: Axustados ás condicións climáticas desta época do ano (revisa a previsión meteorolóxica nos días previos).
Hidratación e alimento: Mínimo 1 litro de auga por persoa e algunha petiscada lixeira para o camiño.
Material de sendeirismo: Mochila pequena ou mediana e bastóns de trekking.
Protección: Crema solar e/ou roupa para a choiva segundo o tempo previsto.
Día de realización
Precio
Reserva e pago
Condiciones generales de los viajeros
OTRAS POSIBILIDADES
Si lo que quieres es visitar otra zona, hacer algo exclusivo para un pequeño grupo de viajeros, un paquete de excursiones para varios días, o cualquier otra ruta que se te ocurra, pulsa el botón SUGERIR UN VIAJE y cumplimenta el formulario.
Sugerir un viaje